ramoncasanova | quen son
quen son

Ramón naceu en Monforte de Lemos. Persegue a emoción e o marabillamento polo nacemento de cada imaxe; anda na procura da fotografía en estado puro, sensibilidade, luz, sombra… e iso lévao a experimentar con materiais e linguaxes, e a dialogar outras disciplinas que poidan aportar dimensions, dar corpo, á imaxe.

Doutor en Belas Artes ca tese “La Epifanía de la Imagen. El proceso fotográfico como paradigma de la creación”, é docente no Institut d’Estudis Fotogràfics de Catalunya e no Departament d’Arts Visuals i Disseny da Universitat de Barcelona.